group-telegram.com/orgullogalego/3709
Last Update:
Atención xente, tedes esta ferramenta chamada incendios.gal que pode ser de muita axuda!
incendios.gal é un mapa cidadán onde a xente comparte en tempo real como vive os incendios forestais na súa zona.
Como funciona
Calquera persoa pode subir imaxes e testemuños sobre incendios que ve ou vive, indicando:
Onde está (localización automática ou manual).
Que tipo de incidencia ve (lume, fumes, presenza de bombeiros, evacuacións…)
Imaxes reais da situación.
Por que é útil?
Información cidadá directa – Sen intermediarios nin filtros.
Perspectiva humana – Como o vive a xente de verdade.
Tempo real – Actualización inmediata.
Complemento ás fontes oficiais.
Importante saber
Non somos unha fonte oficial. Para emerxencias chamar sempre ao 112 e se ves un incendio ao 085.
Difusión!!✊
BY Orgullo Galego

Share with your friend now:
group-telegram.com/orgullogalego/3709